Queres saber algo máis dos castelos, dos mosteiros, dos cabaleiros e de todo o que ten que ver coa idade da historia chamada Idade Media? Pois fai clic na foto.
O día 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro. Celébrase en honor a Miguel de Cervantes e a William Shakespeare.
Cervantes, foi o autor dun dos libros traducidos a máis idiomas: "El Quijote".
Para coñecer un pouquiño máis deste autor e da súa obra, pica na imaxe:
Sabedes que é ORIGAMI? Unha palabra que designa á arte xaponesa de dobrar papel para construir figuras. O que nós chamamos "papiroflexia".
Se queredes aprender a facer un ratiño de papel dobrando un folio, prestade atención ao vídeo seguinte. Non é difícil; só é cuestión de practicar.
Ánimo!